Proxectos
Neste apartado teñen a súa disposición a información dos proxectos financiados pola Cooperación Galega.
Buscar proxectos en
-
Mellora da desinfección solar da auga de bebida (método SODIS) mediante a adición de peróxido de hidróxeno a augas ferruxinosas naturais. Avaliación fronte a Cryptosporidium
O obxectivo 7 de Desenvolvemento do Milenio proposto pola ONU no ano 2000 é “garantir a sustentabilidade do medioambiente”. Concretamente, a Meta 7C (reducir á metade, para o ano 2015 a porcentaxe de persoas que carezan de acceso sustentable a auga potable e a servizos básicos de saneamento) conseguiuse no ano 2012. Con todo, segundo datos da OMS, 5.748 millóns de persoas seguen utilizando fontes non melloradas de auga potable.
-
Cultura da sostibilidade e cooperación ao desenvolvemento: realidades e perspectivas educativas en Galicia e R. Dominicana.
A construción dunha cultura da sustentabilidade que avoga pola defensa do medioambiente, a limitación dos problemas ambientais e a asunción dun modelo de vida alternativo menos nocivo para a contorna, está ligada á sensibilidade, actitudes e formación ambiental do estudantado e profesorado nos centros educativos, cuxos axentes en Galicia e República Dominicana teñen escasa formación e conciencia do que supón o desenvolvemento dunha cultura cooperativa e da sustentabilidade.
-
Estudo do PDOT da zona 6 de planificación en Ecuador: aprendendo leccións para a cooperación internacional.
A tese do proxecto é que os problemas ambientais, de vivenda, de servizos insuficientes, de dependencia económica, etc. son problemas territoriais. Por tanto, a xeración de coñecemento en Ordenación Territorial (OT) é unha maneira eficaz de enfrontarse a eles e resolvelos.
Ecuador está a tratar de facer fronte a estas problemáticas con políticas de OT, polo que representa un campo de estudo para facer investigación sobre novos paradigmas de cooperación internacional para o desenvolvemento. -
Análise de mapas de inundación e redución de desastres nas concas hidrográficas internas de Cabo Delgado (Mozambique). Caracterización e fortalecemento institucional en ARA Norte.
As concas dos ríos Messalo, Montepuez e Megaruma sofren continuas crecidas nas épocas de choiva, con desastrosas consecuencias para a vida das persoas e os seus bens nos Distritos próximos. Por tanto, o coñecemento detallado dos mapas de inundacións en diferentes escenarios hidrolóxicos é fundamental para a protección da poboación, a xestión dos recursos hídricos e o desenvolvemento de sistemas de alertas temperás SAT (EAS-early warning systems) por parte das institucións públicas.
-
Asociacionismo migrante en Galicia. Lazos transnacionais e codesenvolvemento desde unha perspectiva de xénero
O proxecto “Asociacionismo migrante en Galicia - Lazos transnacionais e codesenvolvemento desde unha perspectiva de xénero” aborda a participación política da comunidade migrante residente en Galicia desde a perspectiva teórica do transnacionalismo, que se centra en analizar os vínculos que se establecen entre os países de orixe e de destino das persoas migrantes e, concretamente, estudaremos os procesos de codesenvolvemento que teñen lugar a raíz das estratexias transnacionais das asociacións de migrantes e realizaremos unha análise de participación política das mulleres migrantes en Galic
-
Convenio de colaboración para dar resposta á emerxencia de ébola en Serra Leona. Fase III Ano: 2014
Actualmente estase a producir a maior epidemia de ébola (EVD) desde o descubrimento da enfermidade en 1976. Afecta a 4 países por agora (Guinea Conakry, Liberia, Serra Leona e Nixeria). En maio de 2014, o goberno de Serra Leona declarou a epidemia de ébola e en xullo o estado de emerxencia, co que puxo en marcha un paquete de medidas especiais que incluíu a implicación das forzas de seguridade e a restrición e control de movementos.
-
Proxecto integral de educación infantil en Varela ( Guinea Bissau)
O proxecto de educación que se quere desenvolver enmárcase dentro das prioridades do Documento de Estratexia Nacional para a Redución da Pobreza (DENARP), elaborado polo actual goberno de Guinea-Bissau. Os motivos principais da construción do Xardín de Infancia son os seguintes: Ensinar ós nenos/as os idiomas: criollo-bissauguineano e portugués, para que teñan un nivel mellor na linguaxe cando empecen os estudios de primaria.
-
Apoio psicosocial para as vítimas da operación “Protective Edge” na franxa de Gaza
UNRWA traballa desde hai máis de 6 décadas na Franxa atendendo á poboación refuxiada en todos os aspectos básicos para o desenvolvemento: saúde, educación e servizos sociais.
Ademais, nestes anos deu resposta ás frecuentes crises humanitarias que a poboación gazatí tivo que afrontar como consecuencia do conflito, entre elas, dúas intifadas e máis de 5 operacións militares nos últimos 10 anos. -
Ampliación das oportunidades de reinserción social de adolescentes que cumpren medidas xudiciais en Perú
O presente proxecto de investigación exponse no marco do convenio de colaboración que UDIPRE: Unidade de investigación en prevención e tratamento de problemas de Conduta da Universidade de Santiago e a fundación COMETA: Compromiso desde a infancia e a Adolescencia en Perú teñen subscrito desde o ano 2011.
-
Campaña de sensibilización “Santiago sen Fronteiras”
"Santiago sin Fronteiras” está integrado dentro da Campaña global “Cidades sen fronteiras” de MSF. É unha campa de Sensibilización que ten como obxectivo concienciar á poboación española da importancia de realizar unha Acción Humanitaria independente e de calidade dirixida ás poboacións en situacións complexas, poñendo énfase nos contextos de violencia extrema.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 65
- 66
- 67
- 68
- 69
- 70
- 71
- 72
- 73
- …
- seguinte ›
- última »