Proxectos
Neste apartado teñen a súa disposición a información dos proxectos financiados pola Cooperación Galega.
Buscar proxectos en
-
Proxecto de mellora da eficacia dos mecanismos internos de ASF Galicia
O obxectivo deste proxecto é promover o desenvolvemento humano equitativo e sostible, a través da mellora da habitabilidade e a defensa do dereito das persoas a un hábitat digno, incidindo en especial nos colectivos desfavorecidos, mellorando a eficacia dos mecanismos internos da organización, adaptándose ás novas realidades externas e internas, para o mellor desenvolvemento da misión. Preténdese
-
Plan de mellora estratéxica e de xestión de Amarante Setem
Este proxecto ten como obxectivo contribuír a unha sociedade galega máis comprometida co consumo responsable e solidariedade contra as inxustizas sociais; para isto Amarante pretende desenvolver un plan de mellora da organización que asegure a sustentabilidade e a efectividade da organización e da súa xestión nos próximos anos nos seus ámbitos estratéxicos de traballo.
-
Establecer á ONGD como referente da CpD en Galicia e aumentar a súa capacidade de obtención de fontes de recursos diversos
Este é o terceiro proxecto de fortalecemento de Agaresoi co que pretenden especializar aínda máis o seu traballo, afondando na formación sobre Comunicación ao Desenvolvemento e fortalecendo as capacidades da organización para levar a cabo este tipo de proxectos, ao mesmo tempo que compensan o esforzo do voluntariado satisfacendo unha das súas demandas de capacitación.
-
Desenvolvemento de capacidades técnicas con boas prácticas produtivas e de comercialización con enfoque de xénero e medio ambiente en pescadores mariscadores e as súas familias do litoral de Sechura (Piura, Perú)
O presente proxecto propón profundar, consolidar e ampliar os resultados obtidos durante o tempo de intervención na zona por parte da contraparte local. Exponse traballar cos pescadores mariscadores e as súas familias na elaboración e implantación de estratexias integrais que os leven desde a mellora de procesos produtivos ata a comercialización, que iso se volva sustentable e que lles permita o desenvolvemento da súa competitividade.
-
Asentar a imaxe pública e fortalecer a base social de ACPP Galicia
Con este proxecto, ACPP, facilitará os procesos de capacitación e superación das debilidades, fomentarase a participación de socias e socios, mellorará a comunicación coa base social e coa sociedade en xeral, proveerases de ferramentas eficaces para mellorar a súa presenza como actor da cooperación galega nun momento clave da mesma e para encarar a planificación estratéxica do período 2014 – 2015.
-
Creando cidadanía global; un reto na axenda post 2015
Este proxecto conta con dúas ideas forza que dirixirán toda a posta en marcha: o traballo na educación formal que terá a característica de ser coordinado, colaborativo e participado entre SI Galicia e os centros educativos que se embarquen nesta aventura, e a intención de ser un proxecto de incidencia política, xa que nos levará a participar de forma axeitada en diferentes contextos onde se discuten, definen e negocian temas relacionados co benestar (en tódolos planos) das persoas.
-
Cambio social para a protección das nenas e adolescentes na Rexión de Maradí, Níxer
O presente proxecto desenvólvese no marco dun programa máis amplo a 32 meses, e que conta co financiamento da Axencia Vasca de Cooperación ao Desenvolvemento, e que finaliza en agosto 2015. O financiamento solicitado á Xunta de Galicia, contribuirá á execución prevista en 2014. UNICEF Níxer expón abordar de forma integral esta discriminación cara ás nenas e xerar procesos de cambio en 63 comunidades do departamento de Madarounfa (rexión de Maradi).
-
Explorando as posibilidades de estender a dimensión global da EpD na Educación Secundaria Obrigatoria. Unha investigación diagnóstica en centros educativos de Galicia
O presente proxecto parte das achegas postas de manifesto na investigación en curso, entre SIG e o o grupo de investigación PEHS da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de A Coruña (9-2013/11-2014), “Investigando na Educación para o Desenvolvemento. Un estudio de caso sobre a implementación do proxecto do Tesouro de Acahualinca” sobre a incidencia dos proxectos de EpD no ámbito escolar. Estas achegas están a confirmar as tendenzas postas de manifesto por la investigación en EpD en entornos escolares.
-
Mellora do acceso aos servizos de saúde de mulleres embarazadas e recén nacidos das Redes de Saúde de Ivirgarzama, Sacaba e Vila Tunari, Bolivia.
A presente proposta ten como obxectivo contribuír á redución da mortalidade materna e neonatal, nos Departamentos de Carrasco, Chapare e Tirape, (Cochabamba, Bolivia).
-
Aplicación do enfoque de soberanía alimentaria e consumo sustentable na educación para o desenvolvemento en Galicia
O proxecto pretende dar continuidade, ampliar a achega a novos públicos e colectivos e afondar nos procesos e logros acadados mediante os proxectos de EpD executados nos últimos anos, centrados nun enfoque de promoción e construción de alternativas que contribúan á soberanía alimentaria e a un cambio no consumo e no sistema alimentario cara un modelo baseado na sustentabilidade ambiental e na xustiza social.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 67
- 68
- 69
- 70
- 71
- 72
- 73
- 74
- 75
- …
- seguinte ›
- última »