Proxectos
Neste apartado teñen a súa disposición a información dos proxectos financiados pola Cooperación Galega.
Buscar proxectos en
-
Mellora das condicións de saneamento básico e ambientais das e os 256 habitantes (127 homes e 129 mulleres) da comunidade km1, municipio de Restauración, provincia de Dajabón, rexión fronteiriza de República Dominicana e Haití.
A presente actuación forma parte dun proxecto integral máis amplo de mellora das dotacións de saneamento en Restauración que JACARAFE e ACPP veñen desenvolvendo desde 2011 en apoio á planificación estratéxica e á priorización de necesidades levadas a cabo polo Concello de Restauración a través do seu Plan Municipal de Desenvolvemento.
-
Mellora das condicións de acceso a un hábitat domiciliar saudable da poboación máis vulnerable do departamento de Retalhuleu, Guatemala, con énfase nas mulleres viúvas ou solteiras, a través dun proceso colaborativo .
-
Mellora das condicións técnicas e materiais para o aproveitamento responsable dos recursos pesqueiros, eco turísticos e ambientais dos Municipios de San Luís a Ferradura e Tecoluca, O Salvador
O presente proxecto enmárcase dentro da estratexia de traballo que CORDES e ACPP teñen no Salvador e concretamente na zona do baixo Lempa. Ambos os actores desenvolveron unha intervención durante cinco anos que serviu de profundización no coñecemento sobre as condicións de vida, problemáticas, expectativas e potencial da poboación da zona. Coa presente acción preténdese continuar cos procesos abertos entón e reforzar aspectos importantes de anteriores etapas, que abran novas posibilidades ás familias beneficiarias.
-
Asistencia humanitaria a comunidades afrocolombianas afectadas por inundacións e polo conflito armado na zona fluvial de Buenaventura, Colombia
Na zona de Buenaventura a afectación da poboación civil polo conflito armado Colombiano é a principal causa da "crise humanitaria" ao que se suman as inundacións de outubro e novembro de 2013. Entre agosto e novembro de 2012 produciuse un pico de violencia no centro urbano ocasionado pola disputa do dominio territorial e o control do microtráfico.
-
Aumento do tratamento integrado para a desnutrición aguda e a prevención da desnutrición no sur de Malí
A crise á que se está enfrontando a República de Malí é multidimensional e interconectada. De modo que, ás xa preexistentes falta de seguridade alimentaria e déficits na produción, sumouse o agravamento da desnutrición e o conflito armado que sufriu o país (fundamentalmente o norte) desde xaneiro de 2012. Case medio millón de persoas tiveron que desprazarse, dentro ou fóra do país.
-
Fortalecemento da resiliencia de nenos e nenas desprazados e das comunidades de acollida, a través do incremento e mellora do acceso e participación nunha educación de calidade e de actividades de redución do risco de conflito en Sudán do Sur
-
Prevención da violencia sexual, mellora da atención médica e psicolóxica das vítimas e reforzo do sistema de saúde en Nord Kivu (República Democrática do Congo)
A crise estrutural que padece a poboación de Kivu Norte relaciónase co impacto desigual que supón sobre mulleres e nenas a inestabilidade político-militar, a falta de resolución das institucións no Leste do país, odeterioro das condicións de vida e a desestruturación social, xa que a cotidianeidade das persoas e o funcionamento das institucións e servizos básicos subordínase á evolución dos niveis de violencia e inseguridade na zona.
-
Programa de rehabilitación psico-social para poboación refuxiada en Maban, Sudán del Sur
A rexión de Maban estivo golpeada polos combates durante a guerra de independencia e segue sufrindo as consecuencias do conflito. Os combates produciron un gran número de vítimas civís e o desprazamento de miles de persoas alén da fronteira. O estado Upper Nile está a ser afectado polo conflito interno que estalou en decembro deixando máis de 900.000 persoas desprazadas forzosamente e case 250.000 refuxiadas en países veciños.
-
Conformación dunha rede galega de cooperación universitaria para o desenvolvemento.
Este Convenio pretende coordinar o traballo conxunto das tres Universidades galegas nos eidos da formación, capacitación e actuación dos seus membros para crear unha rede galega de cooperación universitaria para o desenvolvemento.
-
Prestación de Axuda Sanitaria e material sanitario e construcción e dotación dunha casa para os médicos na Wilaya de Bojador
Este proxecto desenvolverase do 1 de xuño ata o 30 de decembro de 2014 nos Campamentos de Refuxiados Saharauís de Tindouf, con dúas finalidades principais:
a) Prestar atención sanitaria á poboación, en especial ás mulleres e ós nenos.
b) Construír e equipar unha casa para os médicos
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 70
- 71
- 72
- 73
- 74
- 75
- 76
- 77
- 78
- …
- seguinte ›
- última »