Proxectos

  • Escolas sen racismo, Escolas para a paz e o desenvolvemento (ESR-EpD)

    O proxecto Escolas Sen Racismo, Escolas para a Paz e o Desenvolvemento (ESR-EpD) constitúe unha aposta integral pola formación en Educación para o Desenvolvemento e a Paz de maneira transversal e permanente. O seu obxectivo xeral é o de contribuír ao fortalecemento da educación para a paz, o desenvolvemento e a cidadanía global en Galicia (ODS 4.7) a través da mellora das capacidades e ferramentas xeradoras de conciencia crítica no ensino infantil, de primaria, de secundaria e universitario galego.

  • Garantir o Dereito á Educación na Franxa de Gaza fronte á crise humanitaria agravada polo COVID- 19 durante o ano 2022

    O proxecto presentado responde a deterioración da situación humanitaria na Franxa de Gaza desde 2021, debido ás consecuencias da pandemia global e a escalada de violencia, que provocaron graves trastornos nos servizos básicos, incluíndo a educación.

  • Actuacións de acción humanitaria e de emerxencia

    O presente convenio ten a finalidade de establecer o marco de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia e a entidade Fundación UNICEF Comité Español para a execución de actuacións e proxectos en materia de acción humanitaria e de emerxencia, en países con poblacións afectadas por catástrofes de orixe natural ou humano, co fin de paliar o sufrimento das poboacións afectadas e de calesquera outras accións que en beneficio destas poblacións se poidan impulsar

  • Urxencia alimentaria nos campamentos de refuxiados saharauís a causa da COVID 19 e distribución de kits de hixiene feminina 2022

    A pesares do éxito do plan de prevención do COVID-19 posto en marcha polas autoridades saharauís (baseado en medidas de restrición de mobilidade, corentena, garantía da distancia social e campañas de hixiene, esterilización e sensibilización) as actividades comerciais e económicas, e por tanto a capacidade de satisfacción das necesidades básicas da vida diaria de miles de familias nos campamentos de refuxiados, víronse paralizadas.

  • Consolidación do I Plan Estratéxico da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento 2020-2030 para a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable

    O convenio establece as bases para a execución do proxecto de Consolidación do I Plan Estratéxico da Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento 2020-2030 e a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, reforzando as liñas de actuación relacionadas co reforzo da institucionalización. do CUD e a localización da Axenda 2030 e dos ODS integrados na RGCUD, o fomento da visibilidade do CUD na axenda institucional e dos equipos de goberno e dirección das universidades integradas na RGCUD, a consolidación da Formación.

  • Servizos integrados de prevención e resposta aos problemas de protección da infancia, incluída a violencia de xénero no distrito de acollida de refuxiados de Yumbe-Uganda

    O obxectivo desta intervención é fortalecer o ambiente protector das nenas e nenos das comunidades de refuxiados e de acollida no distrito de Yumbe, en Uganda. Para conseguilo, co apoio da Xunta de Galicia por terceiro ano consecutivo, UNICEF colaborará co sistema de protección do Goberno de Uganda para ofrecer servizos directos de prevención e resposta ás nenas e nenos de Bidibidi, o maior asentamento de refuxiados de Uganda. e as comunidades de acollida circundantes.

  • Activistas polo mundo que queremos 2022-2023

    O presente proxecto constitúese como a décima edición dunha iniciativa pertencente ao Plan Proxecta + da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. É un proxecto colectivo e participado por distintas entidades con experiencia no eido da ECG, e dirixido a 400 alumnos e alumnas dos centros galegos de secundaria e formación profesional xunto ao seu profesorado, seleccionados entre aqueles que solicitaran a proposta no marco do programa Plan Proxecta +.

  • Protección e atención fronte a violencia machista para as mulleres vítimas e sobreviventes de violencia de xénero nos campos de poboación refuxiada de Palestina na Franxa de Gaza 2022

    As mulleres palestinas na Franxa de Gaza viven nunhas condicións políticas e socioeconómicas difíciles que lles afectan en todos os aspectos da súa vida, debido á continuación da ocupación israelí, a situación de bloqueo desde hai máis de 14 anos e as  escaladas de violencia dos últimos anos. Todo isto afectou negativamente á vida económica e social das mulleres palestinas e ao seu empoderamento, o logro dos seus dereitos e a súa participación na toma de decisións.

  • Loita contra a violencia sexual e de xénero (VSG) e a discriminación contra as mulleres na República Democrática do Congo-RDC

    Este proxecto ten por obxecto traballar desde un enfoque feminista e unha mirada interseccional que permita comprender a profundidade da opresión patriarcal e responder á diversidade de realidades e preocupacións das mulleres, apostando por materializar a equidade como enfoque transversal e dando impulso á equidade de xénero e ao empoderamento das mulleres refuxiadas centroafricanas na República Democrática do Congo- RDC, nun contexto actual onde a pandemia do Covid-19 actuou como multiplicador das desigualdades estruturais xa existentes, aumentando especialmente as de xénero, violencias ma

  • Actuacións de acción humanitaria e de emerxencia

    Este convenio asinouse de forma ininterrompida dende o ano 2009 para garantir unha resposta áxil e rápida por parte da Xunta de Galicia, mediante a posta en marcha de accións asistenciais e de atención inmediata ás emerxencias, despois de que se declare a catástrofe ou crise humanitaria ou antes da agudización dunha crise crónica. situacións de fame, desprazamentos de poboación por motivos bélicos, económico-sociais ou post-catástrofe) tratando de evitar unha gran mortalidade entre as vítimas. Nestas accións FARMAMUNDI traballará desde dúas estratexias diferentes.