Proxectos

  • Patrimonio xeomorfolóxico dos portos de montaña nos itinerarios culturais: os casos dos portos internacionais Pehuenche e Planchón-Vergara nos Andes centrais (Mendoza, Arxentina) e os Camiños de Santiago na serra oriental de Galicia. Aplicación metodolóxica comparativa para a súa conversión como ferramenta de desenvolvemento endóxeno en poboacións de montaña.

    Desde finais do século XIX non deixan de cobrar protagonismo as voces a favor da conservación da natureza, cando a sociedade toma conciencia de que o modelo de desenvolvemento provoca grandes alteracións, influíndo de xeito importante na saúde humana e no desenvolvemento económico dos distintos territorios.

  • Aprendizaxe-servizo e Cooperación para o Desenvolvemento. Formando para a Cidadanía Global.

    Promover a metodoloxía Aprendizaxe-Servizo (ApS) na ensinanza da xeografía da África Subsahariana, en liña coas prioridades do V Plan Director da cooperación galega, a través da súa inclusión nos plans formativos pertencentes á Universidade Pública de Cabo Verde. A finalidade é artellar propostas formativas que, mediante a ApS, poidan servir como núcleos  dinamizadores da transformación social e do fortalecemento da convivencia na comunidade de referencia.

  • Campaña Mundial pola Educación 2024.

    A sensibilización, concienciación, formación, mobilización social e incidencia política son os eidos principais nos que se enmarcan as actividades do proxecto Campaña Mundial pola Educación (CME) en Galicia. A CME ten como principal obxectivo reivindicar o cumprimento do dereito á educación así como velar que os Estados leven a cabo os compromisos adquiridos polos seus gobernos e pola comunidade internacional en materia educativa, e promover así a consecución do ODS 4.

  • A protección da infancia dende a mirada da Axenda 2030. Da sensibilización ao activismo.

    Con esta iniciativa buscase contribuír ao desenvolvemento dunha cidadanía global, crítica e activa na defensa do dereito a protección da infancia e bo trato fronte a situacións de violencia (ODS 16.2) para o que se marca como obxectivo específico fortalecer as capacidades e actitudes de nenas, nenos e adolescentes e axentes chave para a defensa do seu dereito á protección a través da educación para a cidadanía e a transformación social.

    Esta proposta constitúe unha segunda fase  e propón un  traballo en catro liñas principais:

  • Enredadas no Cambio: Fase III

    Enredadas no cambio” nace co obxectivo de transformar o imaxinario colectivo en torno ao emprendemento feminino para cambiar os patróns socioculturais no marco dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 5,8,10 e 12, contribuíndo á construción dunha cidadanía global igualitaria.

  • Fame Cero: sensibilización cidadá, e formación, participación e mobilización educativa cunha visión integradora dos ODS Fase II

    Este proxecto desenvolve a Fase 2 dunha intervención trienal (2022-2025) en Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global promovida por Mans Unidas en Galicia nas dimensións de sensibilización, formación e educación, e mobilización social polo dereito humano á alimentación no marco do ODS 2 “Fame cero”. O proxecto afrontará a actual situación de vulneración do dereito á alimentación que fundamenta o ODS 2 e promoverá  entre a cidadanía e a comunidade educativa galega valores, hábitos, actitudes e estilos de vida máis solidarios e sustentables.

  • III Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global

    O proxecto enmárcase na dimensión de sensibilización no ámbito da cooperación para o desenvolvemento e ten por obxectivo recoñecer o labor do profesorado galego que desenvolve iniciativas de Educación para a Cidadanía Global nas aulas para contribuír á redución das dificultades manifestadas por eles/as para incardinar a cidadanía global na súa función docente en concordancia coa Axenda 2030 e a nova lei de educación, Lei Orgánica 3/2020 – LOMLOE (OX). O Premio Galego pretende acadar os seguintes cambios ou impactos directos:

  • Tecnoloxía ao Servizo do Ben Común, da Cidadanía Global e da inclusión nas escolas Téc Fase2.

    Este proxecto promove a creación dunha cidadanía crítica, facendo especial énfase no uso da tecnoloxía para o desenvolvemento humano e o ben común. O concepto parte de cuestionar o uso histórico da tecnoloxía e apostar por unha tecnoloxía participativa e non excluínte que permita lograr a equidade e a xustiza social cun enfoque de ben común. O eixo de traballo do proxecto é a promoción da tecnoloxía para o ben común na docencia, investigación e activismo da comunidade educativa universitaria galega de base tecnolóxica.

  • O GLOBO. Observatorio, escola e espazo de participación.

    O presente proxecto da continuidade a unha importante aposta institucional iniciada no ano 2017 para a promoción da participación social, esforzo que se concreta na ferramenta coñecida coma O Globo. A proposta centra os seus esforzos na promoción e proxección desta ferramenta para consolidala como referente galego na promoción dunha Cidadanía Global que atopa na participación social (con perspectiva glocal) a súa máxima expresión. O Globo xira en torno ás denominadas “microexperiencias de transformación social”.

  • Sementando coeducación dende o rural: os coidados como semente para a sustentabilidade da vida. Fase I.

    O obxectivo da proposta é contribuír a promover en Galicia unha cidadanía global crítica e comprometida cun modelo de desenvolvemento que poña no centro o coidado das persoas e do planeta baixo unha perspectiva ecofeminista e de acordo co cumprimento da Axenda 2030. Este novo proceso educativo está pensado nun horizonte a tres anos.