Proxectos
-
Proxecto de difusión da Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano na comunidade educativa e profesional de base tecnolóxica e na sociedade galega en xeral 2016-2017
Este proxecto de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia pretende difundir a consideración do acceso a servizos básicos como dereito humano e seguir introducindo o concepto da Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano como unha ferramenta necesaria para conseguir un mundo máis xusto e solidario.
-
Campaña mundial pola educación 2017 en Galicia
Descrición: Este proxecto quere dar continuidade ao traballo de sensibilización, formación e incidencia ante a situación da educación no mundo que a Campaña Mundial pola Educación (CME) en Galicia leva traballando durante máis de 10 anos no eido da comunidade educativa e dos actores de cooperación.
-
Mellora das capacidades e ferramentas xeradoras de conciencia crítica no ensino infantil, de primaria, de secundaria e universitario galego (EpD – CpD VI)
Este proxecto constitúe unha aposta integral pola formación en educación e comunicación para o desenvolvemento na comunidade galega, que abarca desde a educación infantil ata a universitaria e que se presenta como continuación e complemento do proxecto EpD-CpD. As accións programadas inciden na sensibilización sobre a problemática dos países empobrecidos e da situación dos colectivos máis desfavorecidos deses países, especialmente das mulleres.
-
Rede Solidaria da Mocidade: cidadanía global, empoderamento e participación para o cambio social dos grupos solidarios no curso 2016-2017
O proxecto pretende dar continuidade ás accións do programa de educación para a solidariedade e a cidadanía global e de participación xuvenil Rede Solidaria da Mocidade (RSM) , que se executa en Galicia desde 2004. Este programa ofrece ás comunidades educativas unha estrutura estable de participación, que facilita procesos de capacitación e empoderamento que, á súa vez, incrementan as competencias de compromiso social e cidadanía global dos mozos e mozas galegos nos seus centros de ensino.
-
Investigando a dimensión global da educación para o desenvolvemento. Un proxecto piloto de investigación - acción colaborativa nun centro de ensinanza secundaria de Galicia. Fase II
Segunda fase dun proxecto cuxa primeira fase foi concedida na convocatoria de 2015. Na FASE I (EXPEDIENTE PR 804 A 2015/22), levouse a cabo a investigación, diagnose e deseño, e na FASE II levaráse a cabo a implementación da acción, a avaliación e o redeseño da mesma. O obxectivo do proxecto é analizar como introducir o paradigma da Dimensión Global da ED de xeito transversal nun centro educativo galego aumentando a involucración do profesorado dun xeito significativo para o centro, atendendo aos seus intereses e necesidades.
-
Cooperación Galega: o mundo que queremos 2016
O presente proxecto constitúese como a IV edición dunha iniciativa que conta con dúas características diferenciais que condicionan cada unha das fases e elementos que o compoñen; dunha banda, o feito de formar parte do Plan Proxecta da Consellería de Educación da Xunta de Galicia e doutra ,o feito de aspirar a ser un proxecto colectivo e participado polo maior número posible de entidades e colectivos galegos con experiencia no campo da EpD das que, no momento da presente formulación xa forman parte 7 entidades.
-
Acceso a auga potable para os/as refuxiados/as sudaneses/as do leste de Chad
O propósito deste proxecto é contribuír ao proceso de protección internacional de refuxiados/das sudanesas/es no leste de Chad asegurando o acceso aos servizos básicos máis esenciais, neste caso á auga potable nos campos de refuxiadas/vos e nas comunidades de acollida lindeiras.
-
Prestación de axuda sanitaria, dotación de material sanitario para o hospital de Bojador e dotación da casa para os médicos na wilaya de Bojador.
Prestación de atención sanitaria á poboación, con especial atención ás mulleres e aos nenos e nenas. A Comisión Médica de SOGAPS fará un seguimento en función dos expedientes do ano anterior, e atenderá aos novos casos que se poidan presentar. Equipamento da casa para os médicos. A casa sanitaria foi construída no ano 2014 na wilaya de Bojador co financiamento da Xunta de Galicia.
-
Colaboración con Farmacéuticos Mundi para actuacións de acción humanitaria e de emerxencia.
Accións de asistencia e atención inmediata de emerxencia tras declararse o desastre ou crise humanitaria ou ante a agudización dunha crise crónica (fames negras, desprazamentos de poboación por causas bélicas, económico-sociais ou post-catástrofe) para evitar unha gran mortandade entre os damnificados.
-
O municipalismo galego aberto a cooperar.
O obxectivo principal do Plan 2016 será o de Promover a participación e implicación das administracións locais galegas na área de cooperación ao desenvolvemento.O proxecto presentado responde aos obxectivos e estratexias establecidas nas Liñas Estratéxicas 2016-2019. O proxecto xira en torno ás especificidades da cooperación municipalista galega, as súas vantaxes comparativas coma axentes específicos dentro do sistema internacional de cooperación e coma modelo de traballo en rede colaborativo que representa o Fondo Galego.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 58
- 59
- 60
- 61
- 62
- 63
- 64
- 65
- 66
- …
- seguinte ›
- última »