Proxectos
-
Mellora das capacidades da Coordinadora Galega de ONGD de representación e fortalecemento das ONGD galegas e de planificación e orientación estratéxica da súa actividade cara obxectivos comúns de transformación social e defensa da política pública de coo
O actual proxecto pretende establecer as liñas que permitan seguir traballando ao servizo das ONGD con criterios de eficacia, impacto e satisfacción por parte das socias; promover a mellora continúa e a actualización e adaptación das ONGD ao contexto actual no ámbito do desenvolvemento (a través da formación continúa e reflexión conxunta); propiciar mecanismos e procesos oportunos para que a Coordinadora continúe actuando coa máxima lexitimidade como representante das ONGD galegas e siga sendo a institución a través da cal se articula a acción conxunta e planifi
-
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e as tres Universidades de A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o proxecto de fortalecemento da Rede Galega de Cooperación Universita
O proxecto ten por obxecto establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e as tres universidades galegas no proxecto de fortalecemento da Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento.
-
Aumento de fontes de ingresos sustentables para as comunidades rurais e áreas costeiras a través da consolidación da actividade acuícola e reforzo da investigación pesqueira en Cabo Delgado, Mozambique.
O proxecto é identificado a partir da colaboración existente entre as Institucións de xestión e investigación pesqueira e acuícola de Mozambique e a Fundación CETMAR, así como coa Xunta de Galicia a través de Cooperación Galega. O proxecto pretende apoiar a consolidación e desenvolvemento do modelo de produción acuícola posto en marcha na provincia de Cabo Delgado que supoña a diversificación de fontes de ingresos no marco da estratexia da loita contra a pobreza e a contribución á seguridade alimentaria mediante o reforzo da dieta alimenticia.
-
Prevención da violencia de xénero e mellora da saúde sexual e reprodutiva das mulleres en 10 comunidades do municipio de El Viejo, Chinandega. Nicaragua. Fase II.
O proxecto “Prevención de Violencia, mellora da saúde física e emocional e empoderamento das mulleres en 10 comunidades do Vello (Chinandega). FASE 2” ten como obxectivo xeral contribuír ao desenvolvemento de relacións de igualdade libres de violencia de xénero entre homes e mulleres, así como á mellora da saúde sexual e reprodutiva e o exercicio dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres do municipio de El Viejo (Nicaragua).
-
ECU3-ACT Ecuador desenvolvemento intelixente. Coñecemento en Acción para a xestión Territorial integrada.
O Obxectivo Específico (OE) de ECU3-ACT é a aplicación dunha Estratexia de Financiamento Local (EFL) nun municipio (cantón) do Ecuador. ECU3-ACT é un proxecto académico (CRS: 11420 Educación universitaria) cun enfoque “investigación-acción” en relación a un dos problemas máis perentorios do país desde o enfoque da Xestión Territorial Integral (GTI): a dependencia financeira dos gobernos municipais dos orzamentos xerais do Estado.
-
Fortalecemento das capacidades técnicas da administración rexional responsable do recurso hídrico “ARA-Norte” no ámbito dos SIX, da hidroxeoloxía e hidroloxía. Fase IV
Este proxecto constitúe a fase IV do proxecto SIXHIARA “Fortalecemento das capacidades técnicas da administración rexional responsable do recurso hídrico “ARA-Norte” no ámbito dos Sistemas de Información Xeográfica, da Hidroxeoloxía e hidroloxía, financiados pola Xunta de Galicia na convocatoria 2012 (Fase I), 2014 (Fase II) e 2015 (Fase III) en Mozambique. O proxecto ten o fin de continuar mellorando o coñecemento do recurso hídrico e potenciar as capacidades de xestión da Administração Regional de Águas do Norte (ARA-Norte).
-
Programa de fomento e formación para o emprendemento sostible coa xuventude no medio rural agrario da conca do Chira (Piura - Perú).
O obxecto do presente proxecto é o de complementar as actuacións que a asociación Chira está a desenvolver ao amparo do proxecto “Formación técnica para emprendementos agrarios sustentables na cunca do Chira (Piura-Perú)”, programa de cooperación financiado pola embaixada de Finlandia, que se está desenvolvendo dende o ano 2014 e que pretende, de maneira xeral implementar módulos produtivos en 3 centros de formación técnica da cunca do Chira, situados nas zonas de Ayabaca, Montero e Mallares co obxecto de mellorar a formación técnica da xuventude de zonas rurais e aumentar as súas capacidad
-
Construíndo novas identidades de xénero dende o enfoque de medios de vida sustentables para mozas e mulleres sobreviventes de diferentes tipos de violencia e en condicións de post guerra e pobreza, en 6 municipios de Nova Segovia. Nicaragua.
O Instituto de Liderado das Segovias (ILLS) é unha organización non gobernamental sen fins de lucro, que dende o enfoque de dereitos, propicia o desenvolvemento de liderados alternativos para a superación da pobreza e a transformación das relacións de poder, dende o empoderamento da sociedade, en particular: mulleres, mocidade e indíxenas.
-
Mellora das capacidades educativas, organizativas e emprendedoras de 24 comunidades rurais dos municipios de Chirilagua e Jucuapa. El Salvador.
O obxectivo global do proxecto que se presenta é contribuír ao fortalecemento dos procesos educativos, organizativos e produtivos, nos Departamentos de San Miguel e Usulután. Para conseguir isto, a intervención ten varios compoñentes para executar: Alfabetización; Formación e capacitación en Xénero, Masculinidad e Dereitos Humanos; Talleres ou Cursos Vocacionais;
-
Mellora da competitividade da agroindustria rural dos distritos de Ocongate, Ccatcca e Andahuaylillas, Cusco, Perú.
O proxecto ten por obxectivo diversificar e mellorar a competitividade do sector agroindustrial rural emerxente: lácteos, cuyes e fungos; promovendo a participación equitativa de mulleres e homes, baixo un enfoque de sustentabilidade económica e ambiental, nos distritos de Ocongate, Ccatcca e Andahuaylillas. A proposta parte da experiencia de traballo do que constituíu a primeira fase do proxecto, financiada pola Xunta na Convocatoria 2014
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 59
- 60
- 61
- 62
- 63
- 64
- 65
- 66
- 67
- …
- seguinte ›
- última »