Proxectos
-
Proxecto de fortalecemento da lexitimidade social de ESF Galicia: transparencia, comunicación e base social 2012
O proxecto pretende contribuír ao fortalecemento de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (ESF Galicia) nas áreas que se consideran prioritarias actualmente para a organización así como á mellora do sector da cooperación ao desenvolvemento en Galicia. Este aborda tres liñas principais que son a transparencia e bo goberno de ESF Galicia, a mellora da comunicación externa da asociación e o fortalecemento e ampliación da súa base social.
-
Dotación de novas infraestruturas educativas necesarias na área rural de Bellavista, Loja, Ecuador, para facilitar o acceso á educación básica e potenciar a atención educativa da poboación en idade escolar da zona obxectivo
O proxecto pretende dar solución a un importante problema educativo que sofre a poboación en idade escolar da parroquia de Bellavista, cantón de Espíndola, provincia de Loja, Ecuador.
-
Fortalecer a estrutura interna da organización e da liña estratéxica do comercio xusto como paso ao fortalecemento da solidariedade galega
O proxecto pretende contribuír á sustentabilidade de Amarante no relativo á súa base asociativa e financeira como ferramentas de expansión do compromiso da sociedade galega co desenvolvemento sostible e a loita contra os desequilibrios das sociedades actuais.
-
Fortalecemento da capacidade financeira de Taller de Solidaridad en Galicia
O presente proxecto aborda a mellora da capacidade financeira da Fundación Taller de Solidaridad en Galicia, reducindo a dependencia da organización dos fondos públicos e tratando de diversificar as fontes de ingreso privadas de xeito que ningún dos aportes privados á mesma represente máis do 30% dos seus recursos.
-
Proxecto de formación e sensibilización sobre a feminización da pobreza no sector téxtil e alternativas para un consumo responsable de roupa
O obxectivo específico do proxecto busca aumentar a concienciación e a solidariedade das persoas consumidoras, principalmente da mocidade universitaria, sobre as condicións de vida e de traballo das persoas que confeccionan a roupa que vestimos, principalmente mulleres, e apoiar e difundir as campañas que se realizan a nivel estatal e internacional para aumentar o impacto e incidencia nos distintos actores sociais.
-
Elaborar o plan estratéxico, fortalecer a área de comunicación e incidencia social e dinamizar a base asociativa da Asociación por un Comercio Xusto e Solidario Panxea
Este proxecto responde ás prioridades identificadas polas persoas socias de Panxea nunha tentativa de trazar participativamente a folla de ruta pola que se rexerá a organización nos próximos anos e que, en termos xerais, oriéntase a incidir na pretensión dunhas relacións comerciais máis xustas que respecten e promovan a relación directa entre persoas produtoras e persoas consumidoras.
-
Avance da xestión comercial do comercio xusto en Solidariedade Internacional de Galicia
O proxecto céntrase na mellora do aspecto comercial do labor realizado por Solidariedade Internacional de Galicia (SIG) no eido do Comercio Xusto. Así, propóñense accións orientadas a conseguir unha xestión óptima dos puntos de venda e da política de compras como requisitos imprescindibles para acadar o obxectivo último do proxecto, que é mellorar a rendibilidade das vendas de Comercio Xusto nas tres tendas que SIG ten abertas permanentemente nas cidades de A Coruña, Ourense e Pontevedra.
-
Apoio á mellora da calidade de vida do sector pesqueiro e marisqueiro artesanal en condición de vulnerabilidade e pobreza da Bahía da Unión
O proxecto representa unha segunda etapa derivada da avaliación dos resultados e das conclusións e leccións aprendidas dunha intervención anterior da Cooperación Galega na mesma zona e sector de intervención executada no período 2009-2010.
-
Mellora da produción alimentaria e o acceso á auga potable na poboación de Sara Ura e Sara Jeno (Guinea Bissau)
O proxecto contribúe a garantir o acceso a produtos alimentarios diversificados para mellorar a nutrición das familias con carencias, con énfase nas mulleres, os nenos e as nenas, das localidades rurais de Dembandje, Sara Ura e Sara Jeno a través da produción e da transformación de alimentos realizadas por grupos de traballo designados pola propia comunidade.
-
Implementación do módulo de hostalería na Escola Técnica integral “San Alonso” da Villa 1º de Mayo. Santa Cruz de la Sierra. Bolivia
O obxectivo da creación do módulo de hostalería na Escola Técnica “San Alonso” é formar homes e mulleres con capacidades técnicas que lles permitan inxerise no mercado laboral. Hai que destacar que a devandita Escola é un centro de carácter integrador, tanto pola inclusión de persoas con discapacidade, como polo especial respecto e protección do factor cultural por parte da comunidade educativa.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 80
- 81
- 82
- 83
- 84
- 85
- 86
- 87
- 88
- …
- seguinte ›
- última »