Proxectos

  • Proxecto para a mellora da atención primaria en saúde e o acceso e uso apropiado de medicamentos esenciais en 17 comunidades rurais dos municipios de Retalhuleu e Champerico na costa Sur de Guatemala, Fase IV

    O presente proxecto ten como obxecto a "Mellora da atención primaria en saúde e o acceso e uso apropiado de medicamentos esenciais en 17 comunidades rurais dos municipios de Retalhuleu e Champerico na costa Sur de Guatemala", xerando as capacidades e recursos suficientes para garantir o acceso adecuado aos servizos de atención primaria en saúde e medicamentos esenciais na zona de intervención.

  • Proxecto de saneamento ambiental en Champerico, Departamento de Retalhuleu. Guatemala. Fase III

    O principal obxectivo do Proxecto Integral de Saneamento Básico (Convenio III) é contribuír a que catro comunidades do municipio de Champerico accedan a condicións de vida digna a través da mellora da infraestrutura hixiénico-sanitaria sustentada na promoción da equidad, o respecto aos dereitos humanos, á identidade étnica e á diversidade cultural e a protección do medio ambiente.

  • Mellora das condicións de habitabilidade básica no marco do programa Oxlajuj Tz´ikin. Departamento de Retalhuleu - Guatemala. Fase IV

    O proxecto, que dá continuidade ao traballo iniciado en 2008, ten como obxectivo mellorar as condicións de habitabilidade básica das familias que se atopan en situación de maior pobreza e vulnerabilidade das Comunidades do Departamento de Retalhuleu a través da construción e mellora de vivendas, capacitación en técnicas construtivas e impulso dunha actividade produtiva de fabricación de materiais de construción.

  • Fondo Galego: 15 anos administrando a solidariedade desde o local

    O convenio "15 anos administrando a solidariedade desde o local", quere servir de título ao plan de actividades de sensibilización social do Fondo Galego durante o ano 2012. Neste ano, no que o Fondo cumprirá tres lustros de vida institucional, o obxectivo principal seguirá a ser o de fortalecer a solidariedade municipalista galega. As actividades que se engloban no Plan, son continuadoras do traballo desenvolto no 2010 e 2011, e se centrarán na realización de exposicións, charlas, videofórums, espectáculos de contacontos, ou coa participación no concurso fotográfico: Imaxes con Fondo.

  • Fortalecemento da Coordinadora Galega de ONGD no ano 2012

    O convenio ten como obxectivo contribuír a mellorar o sistema galego de cooperación ao desenvolvemento, en especial o sector das ONGD, a través do fortalecemento institucional da Coordinadora Galega de ONGD (CGONGD), que agrupa en 2012 a 48 ONGD galegas.

  • Reforzo das capacidades técnicas de formación en acuicultura técnica a pequena escala en Mozambique

    En Mozambique, o sector da pesca contribúe, segundo datos do 2005, á xeración do 2% do PIB. Trátase dun sector que proporciona emprego directo a máis de 130.000 persoas; actualmente, o sub-sector da acuicultura en Mozambique está representado por unha industria de produción de camarón mariño que produce unha media de 1000 toneladas anuais. A adopción da Acuicultura como actividade produtiva por parte das comunidades rurais é fundamental para mellorar as condicións de vida destas e asegurar a súa seguridade alimentaria.

  • Apoio ao reforzo da extensión pesqueira e acuícola en Perú

    O proxecto pretendeu incidir na mellora da calidade de vida das comunidades costeiras dependentes da pesca artesanal. A comercialización pesqueira identifícase como un dos aspectos prioritarios a mellorar co fin de incrementar a rendibilidade da actividade extractiva. Por outro lado, o asociacionismo é un dos elementos clave para fomentar o desenvolvemento pesqueiro e concretamente a comercialización. Se ben nas caletas peruanas esixen un grao de asociacionismo elevado, este non se valora como efectivo.

  • Formación profesional e desenvolvemento produtivo sostible da pesca de pequena escala en Centroamérica. PROFOPAC III

    A partir da experiencia positiva desenvolvida coas intervencións realizadas nos anos anteriores financiadas pola Xunta de Galicia, identificouse a necesidade de afondar no desenvolvemento de capacidades como unha ferramenta clave para o desenvolvemento social e produtivo do sector da pesca de pequena escala na Rexión.

  • Intervención nutricional de emerxencia nos campos da rexión de Dadaab

    O presente convenio establece o marco de colaboración entre a Consellería de Presidencia Administracións Públicas e Xustiza e a Axencia das Nacións Unidas para os Refuxiados, ACNUR, para a execución de actuacións e proxectos en materia de acción humanitaria que contribúan a mellorar as condicións de vida dos refuxiados dos campos da rexión de Dadaab, en Kenya.

  • Compensación alimentaria escolar de UNRWA en Gaza

    O presente convenido de colaboración ten como fin principal axudar á mellora da área específica de educación, a través do apoio ao Programa de Compensación Alimentaria Escolar da UNRWA na Franxa de Gaza, coa finalidade de mellorar os niveis educativos e de rendemento escolar de 5.569 nenas e nenos refuxiados que asisten aos centros educativos desta Axencia das Nacións Unidas.