Proxectos
-
Mulleres salvadoreñas avanzando cara ao cumprimento dos Dereitos Sexuais e Reprodutivos e dunha vida libre de violencia. O Salvador
O proxecto “Mulleres salvadoreñas avanzando cara ao cumprimento dos Dereitos Sexuais e Reprodutivos e dunha vida libre de violencia” ten como obxectivo xeral contribuír ao exercicio dos dereitos sexuais e reprodutivos, a erradicación da violencia
-
Transferencia e emprendemento mariño en Cabo Verde como estratexia de crecemento de emprego e desenvolvemento económico, social e ambiental. EMPRENDER EN AZUL
EMPRENDER EN AZUL xorde da colaboración entre a entidade solicitante e as contrapartes locais ao longo dos anos en materia de cooperación e transferencia de coñecemento para o desenvolvemento do sector mariño – costeiro de Cabo Verde. O desenvolvemento económico endóxeno e inclusivo é un dos obxectivos das estratexias de transferencia das Universidades e organizacións científicas. A máxima expresión desta transferencia é precisamente a promoción de emprendementos, que no caso das áreas mariño – costeiras – deben basearse no aproveitamento sustentable dos recursos mariños.
-
Fortalecemento das capacidades técnicas da Direcção Nacional de Gestão de Recursos Hídricos e das administracións rexionais de auga no ámbito dos SIX, da hidroxeoloxía e hidroloxía. Fase VI. Mozambique
Este proxecto constitúe a fase VI do proxecto SIXHIARA “Fortalecemento das capacidades técnicas da Direcção Nacional de Gestão de Recursos Hídricos e das administracións rexionais de auga no ámbito dos SIX, da hidroxeoloxía e hidroloxía”, financiado pola Xunta de Galicia nas convocatorias de 2012 (Fase I), 2014 (Fase II), 2015 (Fase III), 2016 (Fase IV) e 2017 (Fase V) en Mozambique.
-
Fortalecemento das capacidades municipais e de organizacións de base para a planificación e xestión pública de calidade da compoñente auga e saneamento nos 7 municipios da Mancomunidade Nasmar, Honduras.
Proxecto de Enxeñaría sen Fronteiras Galicia agrupada con Universidade da Coruña
-
Mellora da calidade educativa con pertinencia cultural e de xénero, para a garantía dos dereitos da infancia e xuventude rural de 8 comunidades do Municipio de Champerico (Guatemala)- Fase IV
Proxecto de Arquitectura sin Fronteras agrupada con Proyde
-
Campaña Mundial pola Educación 2019 en Galicia
Fundación Axuda en Acción agrupada con Entreculturas, Educo e Taller de Solidaridad.
Con este proxecto, o equipo territorial da Campaña Mundial pola Educación (CME) en Galicia formado por Axuda en Acción, Entreculturas, Educo e Taller de Solidaridad, queren afondar o traballo de máis de 15 anos en Galicia sensibilizando e formando a sociedade galega e a comunidade educativa, sobre a situación da educación no mundo.
-
Mellora das condicións de acceso a un hábitat domiciliar saudable da poboación máis vulnerable do departamento de Retalhuleu, Guatemala, con énfase nas mulleres viúvas ou solteiras, a través dun proceso colaborativo entre comunidades, autoridades municipais, organizacións sociais e cooperativas.
O presente proxecto corresponde á quinta fase do Programa Ban Chuinklal (bo vivir en idioma maya mam) que dá continuidade á intervención en materia de hábitat domiciliar saudable que a Xunta de Galicia apoiou desde o ano 2008.
-
Da reflexión á acción a través da Aprendizaxe-Servizo Solidario. Sensibilización da comunidade universitaria galega en materia de DD.HH., saúde global e equidade de xénero desde o videoactivismo e o teatro social
-
Investigando no territorio para coñecer e recoñecer os centros educativos que traballan educación para o desenvolvemento e cidadanía global en Galicia
Solidariedade Internacional Galicia agrupada coa Universidade da Coruña
-
PROGEBOSQUE (Programa de xestión económica de produtos orgánicos e aseguramento alimentario en Comunidades que habitan zonas de bosque na Sub conca do Río Chipilico, na rexión de Piura – Perú)
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- …
- seguinte ›
- última »