Proxectos
-
Apoio psicosocial para as vítimas da operación “Protective Edge” na franxa de Gaza
UNRWA traballa desde hai máis de 6 décadas na Franxa atendendo á poboación refuxiada en todos os aspectos básicos para o desenvolvemento: saúde, educación e servizos sociais.
Ademais, nestes anos deu resposta ás frecuentes crises humanitarias que a poboación gazatí tivo que afrontar como consecuencia do conflito, entre elas, dúas intifadas e máis de 5 operacións militares nos últimos 10 anos. -
Ampliación das oportunidades de reinserción social de adolescentes que cumpren medidas xudiciais en Perú
O presente proxecto de investigación exponse no marco do convenio de colaboración que UDIPRE: Unidade de investigación en prevención e tratamento de problemas de Conduta da Universidade de Santiago e a fundación COMETA: Compromiso desde a infancia e a Adolescencia en Perú teñen subscrito desde o ano 2011.
-
Campaña de sensibilización “Santiago sen Fronteiras”
"Santiago sin Fronteiras” está integrado dentro da Campaña global “Cidades sen fronteiras” de MSF. É unha campa de Sensibilización que ten como obxectivo concienciar á poboación española da importancia de realizar unha Acción Humanitaria independente e de calidade dirixida ás poboacións en situacións complexas, poñendo énfase nos contextos de violencia extrema.
-
Ecuador, Territorio Intelixente: consolidación de Innovación, Desenvolvemento, Investigación e Transferencia (I+D+i+T) en Ordenación do Territorio e Tecnoloxías da información Geospacial- FASE II (ECUIDiT- FASE II)
Durante os anos 2012 e 2013 desenvolveuse a fase I do proxecto ECUIDiT. Co financiamento da Xunta de Galicia levaron a cabo acciones que incluíron un programa de estancias de L/P en Galicia para estudantes ecuatorianos de materias de planificación e xestión territorial, así como a creación en Ecuador da Rede de Investigación en Xestión do Territorio e Información Xeo-espacial (RIGTIG).
-
Plan de sensibilización 2014: Os Obxectivos do Milenio: fin… e principio
O presente proxecto pretende ser un Plan de fortalecemento institucional, sensibilización social e comunicación do Fondo Galego durante o 2014 (Plan 2014). As actividades que se engloban no Plan 2014, son continuadoras do traballo histórico desenvolvido na área de sensibilización entre o Fondo e a Xunta nos últimos 13 anos e especificamente das formulacións de convenios de 2010, 2011 e 2012.
-
Programa de formación e innovación educativa para estudos de posgrao en agricultura e medio ambiente en Centroamérica.
A iniciativa baséase nunha análise realizada en colaboracións anteriores. Estas análises poñen de manifesto a necesidade de formación técnica cualificada para poder achegar avances innovativos no sector agrícola. Estes avances supoñerían unha mellora da calidade de vida na rexión. As actividades enmárcanse nun programa de colaboración entre a USC e a USAC (Universidade de San Carlos (Guatemala) a longo prazo, que comezou en 2008. Entre os principais froitos alcanzados é o programa de doutoramento conxunto entre ambas as institucións.
-
Cooperación Galega; O mundo que queremos
O presente proxecto constitúese como a II edición dunha iniciativa que conta con dúas características diferenciais que condicionarán cada unha das fases e elementos que o compoñen; dunha banda, o feito de formar parte do “Plan Proxecta” da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, doutra o feito de aspirar a ser un proxecto colectivo e participado polo maior número posible de entidades e colectivos galegos con experiencia no eido da EpD. Ambos feitos inciden directamente no obxecto, contidos e metodoloxía do mesmo.
-
Desenvolvemento turístico da Cidade de Pemba. Mozambique.
O proxecto incidirá na consecución dos seguintes obxectivos específicos: 1 mellorar a visibilidade da poboación, provendo as institucións e establecementos hostaleiros de materiais como mapas e roteiros.
-
Fortalecementos das capacidades técnicas da Administración Rexional responsable dos recursos hídricos
Este proxecto constitúe a continuación, a fase II, do proxecto financiado pola Xunta de Galicia na convocatoria 2012 denominado “Fortalecemento das capacidades técnicas da administración rexional responsable do recurso hídrico “ARA-Norte” no ámbito dos Sistemas de Información Xeográfica e da Hidroxeoloxía” en Mozambique (SIXHIARA). Nesta fase II pretendese dar continuidade o traballo realizado para empoderar o ARA-Norte das ferramentas e os estudios realizados na fase I.
-
Mellora das capacidades da equipa humana de SI Galicia
O obxectivo deste proxecto é fortalecer ás capacidades de Solidariedade Internacional de Galicia (SIG), mellorando as capacidades da equipa humana da organización. Os resultados que se esperan acadar son: dispoñer dun plan de captación de voluntariado; mellorar os coñecementos e habilidades do persoal de SIG (voluntariado, equipa técnica e Xunta Directiva); e definir as liñas estratéxicas de traballo de SIG para os vindeiros 5 anos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 69
- 70
- 71
- 72
- 73
- 74
- 75
- 76
- 77
- …
- seguinte ›
- última »