Proxectos
-
Reconstrución e melloramento do sistema de auga potable da aldea Santa Rita do municipio de San Antonio Sacatepéquez, San Marcos. Guatemala.
O proxecto forma parte dun conxunto de accións derivadas do Plan de Desenvolvemento Municipal de San Antonio Sacatepéquez, así como dos plans de emerxencia e reconstrución xurdidos nas comunidades a raíz dos terremotos do 2012 e 2014. O proxecto intervén segundo tres eixes de acción: garantindo o acceso e a dispoñibilidade de auga potable mellorando a infraestrutura dispoñible; mellorando os hábitos de hixiene, saúde e uso dos recursos hídricos e fortalecendo o comité de auga comunitario e do servizo municipal competente.
-
Investigando a dimensión global da educación para o desenvolvemento. Un proxecto piloto de investigación - acción colaborativa nun centro educativo de Galicia. Fase I
Con este proxecto Solidariedade Internacional de Galicia, en asociación coa Universidade da Coruña, pretende incidir na dimensión de investigación da ED. Para facelo, realizará unha investigación cualitativa baseada na metodoloxía da investigación-acción colaborativa. Este proxecto realizarase en dúas fases, sendo o tempo de execución do proxecto de 15 meses. No ano 2015, realizarase a primeira fase do proxecto, que responde ao análise sobre como introducir a dimensión global da ED de xeito transversal nun centro educativo galego.
-
Promoción da Saúde Integral de nenos e nenas de 0 a 5 anos con énfase na prevención e abordaxe da desnutrición en Zelaya Central, Nicaragua.
O proxecto pretende mellorar a saúde e nutrición infantil mellorando a prevención de enfermidades comúns que neste contexto de pobreza se converten en enfermidades agresivas que impiden o seu adecuado crecemento e desenvolvemento e ás veces son letais.
-
Mellora da desinfección solar da auga de bebida (método SODIS) mediante a adición de peróxido de hidróxeno a augas ferruxinosas naturais. Avaliación fronte a Cryptosporidium
O obxectivo 7 de Desenvolvemento do Milenio proposto pola ONU no ano 2000 é “garantir a sustentabilidade do medioambiente”. Concretamente, a Meta 7C (reducir á metade, para o ano 2015 a porcentaxe de persoas que carezan de acceso sustentable a auga potable e a servizos básicos de saneamento) conseguiuse no ano 2012. Con todo, segundo datos da OMS, 5.748 millóns de persoas seguen utilizando fontes non melloradas de auga potable.
-
Cultura da sostibilidade e cooperación ao desenvolvemento: realidades e perspectivas educativas en Galicia e R. Dominicana.
A construción dunha cultura da sustentabilidade que avoga pola defensa do medioambiente, a limitación dos problemas ambientais e a asunción dun modelo de vida alternativo menos nocivo para a contorna, está ligada á sensibilidade, actitudes e formación ambiental do estudantado e profesorado nos centros educativos, cuxos axentes en Galicia e República Dominicana teñen escasa formación e conciencia do que supón o desenvolvemento dunha cultura cooperativa e da sustentabilidade.
-
Estudo do PDOT da zona 6 de planificación en Ecuador: aprendendo leccións para a cooperación internacional.
A tese do proxecto é que os problemas ambientais, de vivenda, de servizos insuficientes, de dependencia económica, etc. son problemas territoriais. Por tanto, a xeración de coñecemento en Ordenación Territorial (OT) é unha maneira eficaz de enfrontarse a eles e resolvelos.
Ecuador está a tratar de facer fronte a estas problemáticas con políticas de OT, polo que representa un campo de estudo para facer investigación sobre novos paradigmas de cooperación internacional para o desenvolvemento. -
Análise de mapas de inundación e redución de desastres nas concas hidrográficas internas de Cabo Delgado (Mozambique). Caracterización e fortalecemento institucional en ARA Norte.
As concas dos ríos Messalo, Montepuez e Megaruma sofren continuas crecidas nas épocas de choiva, con desastrosas consecuencias para a vida das persoas e os seus bens nos Distritos próximos. Por tanto, o coñecemento detallado dos mapas de inundacións en diferentes escenarios hidrolóxicos é fundamental para a protección da poboación, a xestión dos recursos hídricos e o desenvolvemento de sistemas de alertas temperás SAT (EAS-early warning systems) por parte das institucións públicas.
-
Asociacionismo migrante en Galicia. Lazos transnacionais e codesenvolvemento desde unha perspectiva de xénero
O proxecto “Asociacionismo migrante en Galicia - Lazos transnacionais e codesenvolvemento desde unha perspectiva de xénero” aborda a participación política da comunidade migrante residente en Galicia desde a perspectiva teórica do transnacionalismo, que se centra en analizar os vínculos que se establecen entre os países de orixe e de destino das persoas migrantes e, concretamente, estudaremos os procesos de codesenvolvemento que teñen lugar a raíz das estratexias transnacionais das asociacións de migrantes e realizaremos unha análise de participación política das mulleres migrantes en Galic
-
Convenio de colaboración para dar resposta á emerxencia de ébola en Serra Leona. Fase III Ano: 2014
Actualmente estase a producir a maior epidemia de ébola (EVD) desde o descubrimento da enfermidade en 1976. Afecta a 4 países por agora (Guinea Conakry, Liberia, Serra Leona e Nixeria). En maio de 2014, o goberno de Serra Leona declarou a epidemia de ébola e en xullo o estado de emerxencia, co que puxo en marcha un paquete de medidas especiais que incluíu a implicación das forzas de seguridade e a restrición e control de movementos.
-
Proxecto integral de educación infantil en Varela ( Guinea Bissau)
O proxecto de educación que se quere desenvolver enmárcase dentro das prioridades do Documento de Estratexia Nacional para a Redución da Pobreza (DENARP), elaborado polo actual goberno de Guinea-Bissau. Os motivos principais da construción do Xardín de Infancia son os seguintes: Ensinar ós nenos/as os idiomas: criollo-bissauguineano e portugués, para que teñan un nivel mellor na linguaxe cando empecen os estudios de primaria.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 68
- 69
- 70
- 71
- 72
- 73
- 74
- 75
- 76
- …
- seguinte ›
- última »