Proxectos
-
Garantir o dereito á educación na Franxa de Gaza fronte á crise humanitaria agravada polo COVID-19
O proxecto busca garantir o acceso a unha educación primaria de calidade para a poboación refuxiada de Palestina na Franxa de Gaza durante o ano 2021 fronte á crise humanitaria agravada pola propagación do virus COVID-19.
-
Mellora das capacidades da Coordinadora Galega de ONGD para representar e fortalecer ás ONGD galegas e promover obxectivos compartidos de incidencia política e social
O proxecto ten como obxectivo contribuír a mellorar o sector galego de cooperación ao desenvolvemento mediante o fortalecemento da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento, mellorando as súas capacidades para representar e fortalecer ás ONGD galegas e promover obxectivos compartidos de incidencia política e social.
-
Actuacións de acción humanitaria e de emerxencia
Este convenio vén asinándose de forma ininterrompida desde o ano 2009 para garantir unha resposta rápida e áxil da Xunta de Galicia, a través da posta en marcha de accións de asistencia e atención inmediata de emerxencias, tras declararse o desastre ou crise humanitaria ou ante a agudización dunha crise crónica (situacións de fame, desprazamentos de poboación por causas bélicas, económico-sociais ou post-catástrofe) tratando de evitar unha gran mortandade entre os/as damnificados/as.
-
Potencialidades da Economía Circular para o desenvolvemento sustentábel e inclusivo en países de América Latina
O aumento exponencial do consumo de produtos electrónicos é unha realidade en todos os países, tamén nos países de América Latina, o que implica un elevado consumo de minerais escasos e un aumento tamén exponencial de residuos electrónicos, que constitúen un grave problema de alcance global.
-
Recuperación de solos degradados por minería mediante a aplicación de bioadsorbentes
A industria mineira xera unha enorme cantidade de escombros e residuos trala extracción das menas de interese. Estas sobras son desbotadas ao medio natural, habitualmente na entorna das minas. Concretamente en Bolivia, existe un problema coa calidade das augas que abastecen parte da cidade de La Paz. Coñécese que isto é debido a problemas de subministro (volume de auga) e custo de tratamento das mesmas, posto que cando non chove, a auga utilizada procedente do desxeo non é suficiente para o abastecemento regular da cidade.
-
Avaliación espacial do cambio climático recente na República de Cabo Verde: bases para a adaptación
O obxectivo xeral do proxecto é xerar un coñecemento científico do cambio climático recente na República de Cabo Verde, coma base para o desenvolvemento de políticas públicas orientadas á adaptación. Os países en desenvolvemento son os máis vulnerables aos impactos do cambio climático pola falta de recursos sociais, tecnolóxicos e financeiros. As políticas de acción fronte ao cambio climático son unha prioridade na Axenda 2030 das Nacións Unidas, e neste contexto a adaptación ao cambio climático unha necesidade de primeira orde, en especial para os países en vías de desenvolvemento.
-
Familias caboverdianas en Galicia. Impacto para o desenvolvemento da transnacionalización dos coidados e das remesas
O proxecto “Familias caboverdianas en Galicia. Impacto para o desenvolvemento da transnacionalización dos coidados e das remesas” pretende levar a cabo unha investigación sobre as transferencias de coidados e tamén de remesas en familias caboverdianas, que sexa posteriormente aplicada á produción de materiais de sensibilización que visibilicen e poñan en valor o papel das mulleres migrantes na supervivencia e o benestar a ambos lados da corrente migratoria.
-
Desenvolvemento e benestar das mulleres vítimas de violencia de xénero desde a Xustiza Terapéutica
Este proxecto ten como obxectivo analizar os elementos victimizadores presentes nos procesos de atención a mulleres vítimas de violencia de xénero no ámbito xudicial, a través da avaliación do nivel de implementación da Xustiza Terapéutica.
-
Atención sanitaria de pacientes en situación de vulnerabilidade en resposta á crise sanitaria (Guinea Bissau)
Este proxecto enmárcase dentro dunha realidade producida despois da pandemia, na que os sanitarios de Guinea Bissau atópanse nun proceso de folga o que produce unha incapacidade de dar resposta ás necesidades da poboación, pola falta de recursos, persoal e sistemas de electricidade precarios. Garantir a atención sanitaria de pacientes en situación de vulnerabilidade do Centro de Saúde Materna, Infantil e tratamento de VIH "Ceu e Terras" en Bissau como obxectivo específico enmarcado na promoción do dereito á saúde en Guinea Bissau, en resposta á crise sanitaria deste ano.
-
Educación en emerxencia e asistencia sanitaria á poboación refuxiada siria (rexistrados e non rexistrados no ACNUR) afectada polo Covid-19 en 4 asentamentos informais: Ale Askar, Al Louis, Al Maïs e Al Sarout
O proxecto incide directamente na situación provocada pola pandemia do Covid-19 mellorando as condicións de vida de persoas refuxiadas sirias no Val de Bekaa, Líbano, en especial a de nenas, nenos, mulleres e persoas maiores, que foron afectadas polo Covid-19, sen descoidar os efectos provocados pola súa condición de refuxiados por mor do conflito sirio que leva xa unha década desenvolvéndose.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- …
- seguinte ›
- última »