Proxectos
-
Mulleres e adolescentes empoderadas para a transformación das desigualdades de xénero nos distritos de Andahuaylillas, Huaro, Urcos e Ocongate da provincia de Quispicanchi- Cusco. Perú
O proxecto busca mellorar as capacidades dos e as titulares de dereito, responsabilidades e obrigacións para reducir os niveis de violencia familiar, social e económica cara á muller en comunidades rurais do municipio de Quispicanchi na rexión de Cusco, Perú. Concretamente nos distritos de Urcos, Huaro, Andahuaylillas e Ocongate. Preténdese mellorar a igualdade de xénero, e promover unha vida libre de violencia.
-
Educación básica de calidade, equitativa e integral a través da mellora dunha Rede de escolas comunitarias na zona fronteiriza do NE de Guinea Bissau
O proxecto pretende asegurar o dereito á educación de nenos e nenas despois dun ano marcado pola pandemia do Covid-19 e promover á súa vez os dereitos da infancia. Focalízase na equidade educativa e o fortalecemento da rede de escolas rurais, especificamente nas rexións de Bafatá e Oio.
-
Fortalecemento das capacidades individuais e colectivas de resposta e protección ás mulleres e defensoras e á nenez fronte ás violencias, potenciando o seu benestar, autonomía e liderado desde o enfoque da cosmovisión maya, na rexión Norte, Occidente e Centro de Guatemala
O proxecto trata de crear unha resposta ao problema institucional que existe en Guatemala sobre a violencia de xénero e a debilitación que están a sufrir as administracións públicas deste país para poder atallar este problema. Neste sentido, céntrase en crear centros de protección para mulleres indíxenas vítimas de violencia de xénero, crear campos de sensibilización dentro dos colectivos do país si como tratar temáticas de prevención da violencia de xénero desde a nenez a través de estratexias comunitarias.
-
Protección do dereito das comunidades vulnerables do distrito de Anantapur (India) a unha atención sanitaria de calidade, fronte á COVID-19 ou outras emerxencias sanitarias, cun enfoque de protección dos dereitos sexuais e reprodutivos e de redución da pegada de carbono
O proxecto ten como obxectivo a protección do dereito a unha atención sanitaria de calidade dos/as titulares de dereitos dos colectivos vulnerables do Distrito de Anantapur, asegurando a continuidade dos servizos sanitarios de uso público esenciais que presta o Hospital de Kalyandurg mediante o fortalecemento das súas capacidades operativas e prácticas fronte a emerxencias sanitarias, capacidades fronte á actual pandemia do Covid-19 e que poidan ser así mesmo aplicables ante continxencias futuras.
-
Fortalecemento da sustentabilidade económica, social, ambiental e tecnolóxica do sector apícola, agrícola e acuícola en Chinandega, Nicaragua
Este proxecto trátase dunha continuación no proceso de fortalecemento do sector agropecuario e acuícola que Amigos da Terra e Fundación LIDER están a desenvolver tanto nos sectores de intervención, como no territorio en xestión (Occidente de Nicaragua), no contexto das crises a nivel sanitario (provocada pola COVID-19), sociopolítica e económica. Para iso preténdese mellorar a capacidade empresarial e produtiva dos sectores acuícola, apícola e agropecuario favorecendo en comercio e a creación de cooperativas.
-
Mitigación do impacto socioeconómico da crise provocada pola COVID 19 en familias dedicadas ao turismo rural comunitario e a artesanía téxtil na provincia de Quispicanchi, Cusco-Perú
O proxecto ten como obxectivo fomentar o dereito ao traballo e o dereito a unha alimentación adecuada de familias emprendedoras no ámbito téxtil da rexión de Cusco de forma resiliente despois da crise da Covid-19. Para iso realizarase un reforzo do turismo rural da zona, e fomentarase a mellora dos procedementos utilizados para a fabricación artesanal de produtos téxtiles ademais de reducir a vulnerabilidade alimentaria, económica e social que a crise da Covid produciu.
-
Empoderamento económico e exercicio de dereitos de mulleres rurais organizadas de Santa María de Pantasma, Nicaragua
O proxecto ten como finalidade contribuír ao empoderamento económico e ao exercicio dos dereitos sociais e políticos de mulleres rurais de Nicaragua desde o enfoque de xénero e agroecolóxico. Para iso, promóvense as prácticas igualitarias e equitativas e de loita contra a violencia de xénero no municipio por medio da sensibilización, ademais realízanse procesos de formación e medios de vida agrícolas e agroecolóxicos cun enfoque de xénero.
-
Acceso sustentable a auga potable e soberanía alimentaria para familias indíxenas Ch´orti´ priorizadas da Rexión VIII do municipio de Jocotán (Corredor Seco guatemalteco)
O proxecto enmárcase en dar solución a 3 dereitos fundamentais conculcados á poboación indíxena de Ch´orti´ da Rexión VIII do municipio de Jocotán, os cales son o dereito á auga potable mediante a construción de sistemas de captación e almacenamento de auga de choiva, o dereito á alimentación, promovendo o uso de técnicas agrícolas ecolóxicas na construción de hortos dirixidos a mulleres indíxenas, e o dereito á saúde, apoiando en Centro de Atención Permanente da comunidade e promovendo a vacinación e a adopción de medidas de seguridade contra a propagación do Covid-19.
-
Mellora do exercicio dos dereitos das mulleres co acceso á xustiza de xénero, a soberanía alimentaria e o empoderamento económico no Corpus e Namasigüe (Honduras)
O proxecto ten como obxectivo mellorar o acceso e exercicio dos dereitos das mulleres rurais coa participación social e política, o acceso á xustiza de xénero, a soberanía alimentaria, a nutrición saudable e o empoderamento económico nos municipios do Corpus e Namasigüe en Honduras.
-
Mellorar as capacidades técnicas, materiais e o posicionamento social do sector pesqueiro artesanal, e a súa cadea de valor, desde un enfoque sustentable e inclusivo. O Salvador
Este proxecto é a continuación dun Plan iniciado por Asemblea de Cooperación pola Paz e AGARESO que se inicia no 2007 dentro do sector pesqueiro salvadoreño.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- …
- seguinte ›
- última »