Proxectos
-
A Axenda 2030, un reto local nun mundo en transformación
O presente proxecto xorde da experiencia acumulada do Fondo Galego nos seus 23 anos de andaina, así como das demandas e vontades das administracións locais socias. Tivéronse en conta asemade as principais debilidades detectadas para a difusión e implementación dos ODS no eido local, buscando actividades que resultaran atractivas e novidosas. Por outra banda, a participación de concellos de menos de 50.000 habitantes está garantida, sendo un obxectivo para o Fondo Galego promover actividades destinadas aos concellos pequenos e medianos en función da súa poboación.
-
Iniciativa de Desenvolvemento do sector acuícola e pesqueiro artesanal na Baía de Sechura, Perú
O presente proxecto é parte dunha intervención global de título “Incrementar a competitividade do sector pesca artesanal e acuicultura na baía de Sechura a través do fortalecemento institucional e organizacional, a adopción de tecnoloxías e a sustentabilidade ambiental – ACUIPESCA PERÚ”.
-
Urxencia alimentaria nos Campamentos de Refuxiados Saharauís a causa do COVID-19
As organizacións humanitarias internacionais que operan nos campamentos de refuxiados saharauís, especialmente ACNUR, o PMA, UNICEF e outras ONG internacionais emitiron un chamamento conxunto o 19 de abril de 2020 para solicitar aos doantes que realicen contribucións e doazóns para apoiar os procedementos de prevención da COVID-19 e evitar unha maior deterioración na situación humanitaria, especialmente porque a taxa de anemia entre mulleres, embarazadas e nais lactantes aumentou ata superar o 73%, e respecto á porcentaxe de malnutrición entre os nenos menores de cinco anos, este aproxímas
-
Consolidación de contornos protectores para a infancia e a adolescencia na Habana Vella, Cuba
-
Garantir o dereito á saúde das persoas refuxiadas de Palestina na Franxa de Gaza fronte á ameaza do COVID-19
O presente proxecto enmárcase dentro do Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e a Asociación Comité Español da UNRWA (UNRWA España), coa finalidade de contribuír a frear a actual pandemia de coronavirus, centrándose en proporcionar atención médica fronte á pandemia do COVID-19 á poboación refuxiada de Palestina na Franxa de Gaza mediante a provisión dos recursos sanitarios necesarios.
-
Prevención e resposta ante o coronavirus para as persoas refuxiadas
Este convenio ten a finalidade de establecer o marco de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a entidade "España con ACNUR" para a execución do proxecto "Prevención e resposta ante o coronavirus para as persoas refuxiadas".
-
Plan de resposta educativa COVID-19: Programa de alimentación escolar no municipio Libertador de Distrito Capital, Venezuela. 2020
-
Mellora das capacidades da Coordinadora Galega de ONGD para fortalecer ás ONGD galegas e defender obxectivos comúns de incidencia política e social para o progreso da política pública de cooperación ao desenvolvemento e a transformación social en Galicia
O presente proxecto pretende establecer as liñas base a través das cales mellorar as capacidades da Coordinadora Galega de ONGD para fortalecer ás ONGD galegas e defender os obxectivos comúns de incidencia política e social, co fin de promover o progreso da política pública de cooperación ao desenvolvemento e a transformación social en Galicia.
Tales liñas baséanse nos seguintes aspectos:
-
Convenio de colaboración con Farmacéuticos Mundi para actuacións de acción humanitaria e de emerxencia
Este convenio vén asinándose de forma ininterrompida desde o ano 2009 para garantir unha resposta rápida e áxil da Xunta de Galicia, a través da posta en marcha de accións de asistencia e atención inmediata de emerxencias, tras declararse o desastre ou crise humanitaria ou ante a agudización dunha crise crónica (situacións de fame, desprazamentos de poboación por causas bélicas, económico-sociais ou post-catástrofe) tratando de evitar unha gran mortandade entre os/as damnificados/as.
-
O Globo; observatorio para educar na cidadanía global
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- …
- seguinte ›
- última »